Data: Luns 17 de marzo ás 12:00h.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.
Para a EASD Antonio Failde é um pracer e un privilexio receber a Andrew Howard, unha das figuras internacionais máis notábeis da teoría e práctica do deseño gráfico e da comunicación visual contemporánea, nomeadamente, na sua implicación social.
Os seus artigos foron publicado en Eye, the International Review of Graphic Design, e na revista canadense Adbusters. Os seus escritos tamén foron incluídos na antoloxía Looking Closer, Critical Writings on Graphic Design.
Foi un dos 33 asinantes orixinais do First Things First Manifesto 2000, publicado simultaneamente en Adbusters, Emigré, AIGA Journal of Graphic Design, Eye, Blueprint, e Items.
Na súa faceta profesional ten gañado varios premios internacionais de deseño como os outorgados por la International Society of Typographic Designers, o American Art Directors Club, ou o New York Type Directors Club, entre outros.
Estabelecido no Porto desde 1993 compatibiliza a actividade profesional no seu estudo especializado em proxectos para institucions culturais e educativas, e a sua faceta docente na ESAD de Matosinhos (unha das nosas institucions parceiras de Erasmus), coordenando o seu Mestrado em Design de Comunicação.
Tamén está implicado na actividade da facultade como coordinador do proxecto Personal Views, unha serie de seminarios internacionais orientados á exploración dos límites da práctica do deseño e da comunicación visual contemporánea, para o que ten conseguido, en sucesivas edicións, a colaboración en palestras e talleres dun grupo sen precedentes de profesionais, investigadores e educadores de talla internacional na área de deseño gráfico como Hamish Muir, Paula Scher, Jonathan Barnbrook, Erik Spiekermann, Ellen Lupton, Neville Brody, Wim Crowell, Experimental Jet Set, Karel Martens, Steven Heller, Jan Van Toorn, Linda van Deursen e Armand Mevis, Katherine McCoy, Adrian Shaughnessy, etc…